Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

26.7.12

Cinismo

Algo que dixen que nunca practicaría.
Ao final eu son tan fraude coma o goberno, e o que escribo coa man vouno ir borrando co cóbado.
Supoño que nunca pensei ter que verme nestas tesituras.
Así que aí lle andamos.
Empezando a darlle a iso que algúns chaman corrección e que eu chamarei supervivencia.
Aínda acaba de comezar o día e xa podía botarme a durmir. Por hoxe xa cumprín.
Agardando as vacacións coma auga purificadora...
Primeiro día da patria lonxe do terruño. Que estraño e que pouco me prestou...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...