Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

24.7.12

(in)sensibilidades


Pasar a mañá cociñando para alguén que chega, devora, nin te mira e se vai é o que deberon sufrir as nosas antepasadas.
Algo así como asumir que é o teu labor e que non hai que festexalo.
Preparar todo para algo que non dá chegado é algo así como o que debe sentir ese meniño americano no seu primeiro partido de béisbol esperando polo seu pai que non dá chegado e que perde a súa primeira proeza.
Un día en Lisboa atopei unha pintada que poñía: baixa as expectativas e soña máis alto.
Eu antes, coma case todo o mundo, era máis detallista e apostaba máis polos momentos. E agora cada vez menos.
Son coma o personaxe de Modern Family, a nai que quere atalo todo, preparalo para que saia ben, meticulosa e repunante para que o contexto quede á altura do que trazara.
Falabamos o outro día que nesta nova etapa complícase o das relacións sociais. Cambian os papeis e cambia o campo de xogo e só quen pasou por iso ou quen aposta por ti segue ao teu carón.
E iso acabas por aprecialo de verdade.
O resto valo asumindo como natural, ás veces con máis mágoa e outras con menos.
En xeral vivimos rodeados de insensibilidades.
Todo o mundo asumiu que vai só no barco.
É algo que me enerva e me dá pena a partes iguais. Máis ou menos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...