Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

31.7.12

Juan de los muertos


Ao final despois dunhas cantas películas que prometen no título e desprometen en canto comezan resulta que unha de zombis cubana é o mellor que vexo en tempos.
Momentazo no que aínda non saben ben de que se trata o tema e pensan que son disidentes boicoteándoos.
Porque o fan con tanta finxida inocencia que causa risa.
Xa non ma causa a leria esta toda do disidente cubano.
E todas esas declaracións oficiais retrógradas e rancias que están facendo as autoridades españolas. Porque hai mortes e mortes. Iso foi de sempre.
O disidente.
Acompañado de políticos neoliberais. Por lle poñer un nome.
A ver en que acaba.
O do disidente.
E o do acompañante. Que xa lle puxo avogado a embaixada.
Coma a rapariga esta galega que traía droga do caribe e que despois saíu na Interviú.
(mesturo ideas, é que este mundo de paparrucha xa causa estrés asociacional)
E o de Cuba.
Agardo ver os neoliberais que conducían e acompañaban nun despregable da Interviú proximamente. Para pagar as custas. O suficiente.
A disidencia en modo zombi. Non sei nin como pasou a censura, que supoño que logo han nomear un ministro digno de suceder a Fraga revisando contidos.
E os zombis tamén querían unha nova Miami, porque para chegar á vella había que mollarse.
E andar man a man coa liberación do mercado, co capitalismo e con esas cousas bonitas que se chaman turismo high level.
E agora apetéceme un carameliño deses de cuba-libre..., pero xa son difíciles de atopar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...