Ouh Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.
No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!
Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!
Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.
No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!
Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!
Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.
E do resto xa falarei cando vaia dixerindo estatísticas, datos e pactos. Só podo dicir que a TVG deume máis asco e mágoa ca nunca, VozTV fixo unha análise máis seria e tiña sentada na mesa de debate persoas máis capaces, con ser unha canle infinitamente máis cativa, a 6ª enganchaba máis e o follonero e Artur Mas deixábanse ver moito mellor ca unha telegaita cutre, chea de sorrisos e de congratulacións e que dosificaba os datos coma se estivese cocendo unha empanada de millo. Patético.
E para acabar de poñerme de mala hostia vexo o programa Que dios te lo pague... aínda non sei como dei enganchado o sono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...