Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

25.4.13

Comenencias


Teño tal cantidade de fraseoloxía para isto que podería encher un par de páxinas, pero vouno deixar para outro día.
A min a xente sobrada, a egoísta e a aproveitada cáeme, xeralmente, bastante mal, pero os comenencias cáenme, se cabe, peor.
Pero a vida ponchos diante un día si, e outro tamén… éche o que hai.
Hoxe, coma se eu fose a escritora do Folletín Parroquial, doulle pólvora e estopa para o señor Feijoo, tan chulesco e sobrado que non ten reparos nin en mofarse dese sentimento materializado en persoa por provocar que de novo se pense que na zona da Arousa se gravou, polo menos, Miami Vice. Entre outras merdas.
Dáme bastante noxo a súa actitude, máis alá doutras cuestións.
E os europarlamentarios indignándose pola estafa das preferentes a estas alturas da película non sei se me alegra o día ou me dá ganas de ilos hostiar. Aquí ninguén se decata de nada e todo o mundo mira para o seu embigo.
E entrementres, os de sempre, a velas vir.
O mundo está tarado, pero tarado ata o cerne.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...