Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

14.5.13

Gañei un premio!

E estou infinitamente contentísima por iso.
Presenteime un pouco animada por algunhas amigas, que por amor de amiga me instan a que mova o cu e faga algo, en vez de pasar a vida rosmando contra o que hai publicado e en contra dos premios literarios e toda a tarambaina.
Así que mandei un textiño que tiña escrito, entre os poucos que vou conservando en miles de carpetas con miles de títulos de posibles grandes bestsellers futuros que quedan niso, arquivos en carpetas. Así que un pouco movida por iso e un pouco movida porque é verdade, hai que deixarse de destrución e facer máis construción. Polo menos intentalo.
Gañei o segundo, que me reportará 210 euros (viva!) e a publicación do texto en papel (viva!, viva!, isto alimenta o ego, o outro vaime pagar a factura do gas e da lus!!).
Total, que é un premio humildísimo, como corresponde, patrocinado por Feiraco, o leite mola! e a entrega de premios dáme tentación para moitas aduanadas que se me cruzan pola cabeza. E que a ver como levo a semana, igual cae algunha...
O caso foi que chegou nun bo momento. A miña autoestima por veces vai quebrando nalgúns asuntos que non levo demasiado ben, sácame moita enerxía mantelos a pé. Así que inda que só sexa por iso...
Ligo a información da rede. Para unha vez que me cae algo así coma do ceo, teño que airealo todo e máis.
Viva, viva, viva!!!!
http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=9863&idioma=gl&sec=32

3 comentarios:

  1. Chivóuseme disto a dama do armario infindo e non podía menos que buscar a entrada (levo atraso na túa lectura, perdóame nai porque pequei de vagancia) e felicitarte. En canto te vexa en persoa tamén che caen un par de bicos e uns parabéns!

    ResponderEliminar

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...