Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

24.9.13

(................)

Ás veces acontece iso, que non hai palabras.
As nenas van no bus contentas. A escola comeza a gustarlles.
Eu leo o blog de Isabel (téñoo ligado á dereita, InnovArte Educación Infantil) e gústame o que leo, a clase de educación que promoven, os valores que non queren esquecer baixo ningún concepto: non consumismo, non cristianismo, non modernismo, nin ultramodernismo, nin estatismo, liberdade, non xéneros marcados, amplitude de miras... gústame moito. Quero confiar en que todo é así, porque iso faime feliz.
Polo demais, querendo moito as pequenas cousas.
Ultimamente gañei algunha cousa e perdín, sen querelo, irremediablemente, outras.
Empezo a resignarme con que non se pode ter todo.
Algunhas das que perdín bótoas fondamente de menos. Entre elas algunha persoa coa que podía falar infinito e rirnos da vida xuntas...
Hoxe teño máis morriña da que me conviña.
Saín do meu bucle de sentirme formiga miserenta, e xa foi un avance.
Non é que me convertese en sapo con papo inchado, nin moito menos. Quen nace formiga, formiga queda.
Aceptándoo de bo grado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...