Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

13.9.13

O malo da xente de agora, é que pensa que nunca vai necesitar a ninguén

Isto díxoo unha señora onte no bus a unha compañeira. As dúas subían a Compos para limpar casas. A sabedoría continúa residindo onde residiu toda a vida. No cotián de xente que xa viviu moito.
Pois iso.
O malo que ten facerse grande é que cada vez te vas facendo máis consciente de que aquí, para que alguén mova o cu, teslle que ofrecer, como á nai de Brian (n'A vida de Brian): o ouro e o mouro, e aínda así...
En fin.
Non vou dicir máis, porque o feito é así. Cadaquén que faga á súa maneira.

Flipando co de Resistencia Galega e con todo o facherío desproporcionado. A min que non me fodan. Acabouse a ETA, ímola emprender cos cataláns e cos coitados dos galegos.
Outra historia para ir mexar e que non saia gota.
Pois flipo coa resposta popular dos cataláns e coa cadea ininterrompida. Quítolles o sombreiro e dáme envexa da boa (non da de babear, da de "eu tamén quiría").
E flipo co fachiferio imperante nos medios e nos des-gobernantes. Non deixo de abraiarme nunca.

E polo demais, no cotián, seguindo co noso.
Ben, grazas, tudo bem, tudo bom.
Dáme gusto prender o teléfono e ver tantos curriños e curriñas acordándose das nenas e preguntando pola súa introdución ao escolar, a lingua de ramón (gran cuestión) e outras cousiñas.

Tamén outros e outras na súa liña. Coma sempre, hai de todo na axenda, nunca dou acabado de facer limpeza a fondo. Sempre me acaba podendo o tema Delete... Delete e  fuckyou!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...