Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

17.9.13

O mestre

Caeume moi ben ben. Un rapaz novo, con forza, con ansia, razoable e amable.
Ten mellor fonética ca min, véselle que foi o que mamou, así que cando fale en galego será un bo exemplo para os seus pequenos alumnos.
Cando non, non.
Non vou afondar máis no tema, porque estou en clara minoría.
Se falase inglés, a xente probablemente sairía da aula aplaudindo coas cachas.
É o que ten que o de fóra sempre sexa mellor.
Iso si, facíame moita graza porque só lle faltaba dicir perfeito, até e obrigado no canto de perfecto, ata e grazas para ser a calcamonía dun amigo meu. Cagadiño, vaia.
Mesmos xestos, mesmo riso, mesma maneira de se expresar...

Deume un algo de carraxe ver o espazo, iso si, tan cativo, tan cativo, para 25 almiñas cándidas pasando tantas horas...
En fin.
É o que ten o ensino público, que como molesta, espóliase.
A ver se así algúns decidimos deixar de defendelo e de apostar por el...

Polo resto...
...do resto mellor non dicir nada. Pásame coma ao ensino público. Máis ou menos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...