Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

19.9.13

Rosalía pequeniña

Cada vez que releo a Rosalía quéroa máis, admíroa máis e abráiome máis.
Estes días na casa soa moito o disco de Uxía, Rosalía pequeniña, que mercamos para as nenas. Gústame moito, a verdade, é un gusto que as nenas comecen a oír palabras que máis tarde entenderán cantadas por Uxía.
Tamén me encanta a canción de peche de Sés, "eu cantar, cantar, cantei...", supoño que Uxía non será parva e cando pensou na canción había pensar que non había ninguén mellor ca Sés para poñerlle voz. Peche de ouro.
Unha das cancións que máis me gusta é a que versiona o poema Do mar pola orela..., ponche o corazón nun puño pensar na situación, pero hoxe vénme máis ao pelo a seguinte:

Por que, miña almiña,
por que ora non queres
o que antes querías?


Unha canción dos Hombres G (si, tamén teño pasado preadolescente) dicía: no soporto a las niñas que todas las canciones les recuerdan algo...
É inevitable que nos vexamos reflectidos nalgúns artigos que lemos, nas vivencias que outros narran, nas cancións... é un feito que non queremos estar sós, sentirnos sós, máis ben queremos sentirnos nunha colectividade que nos acolla, que nos comprenda, que consideremos solidaria con nós e coas nosas ansias.

Di Ranma "la vida es dura, hay que pelear", eu creo que máis ben non é que sexa dura, é que a facemos dura.
Por fortuna, ás veces tes a grandísima sorte de rodearte de xente que che di: enténdote, enténdote, claro que te entendo.
Porque do contrario acabas minada pensando que nada faz sentido.

Onte vendo Dexter pensaba que se eu fose asasina en serie ao seu estilo (conseguín empatizar con asasinos en serie, pero seica lle pasa a todos os seguidores, non é cousa que teña que ir mirar)... tamén tería un barco. Para desfacerme do material e para ir pescar... hi, hi, hi!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...