Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

23.9.13

Só dúas cousiñas para comezar a semana...

Onte mirando as estatísticas da visita á páxina descubrín que se buscas "puticlub yapana" e "galicia boi de palla" sae odemomeleve entre os primeiros...
O de boi de palla compréndese, o outro non mo explico.
E tamén é queeeee... ter que buscar o enderezo do local de alterne en google, moito cambiaron os tempos, Venancio.

O segundo é a decepción con ramón. Tres correos del nesta última semana (informativos, non é que nos fixésemos íntimos) e os tres en castelán, incluso longos, non son avisiños dun momento.

Eu xa vía vir que era non era un falante-militante (por "etiquetalo" dalgún xeito, para que nos entendamos)...
O esquío deixou de ser esquío.

Xa é ardilla.

A ver que lle pasaba ao esquío, que houbo que travestilo...

Pois iso. Para o resto de actualidade, hai xente máis informada e que se expresa mellor. Eu hoxe só teño a cabeza para comezar ben a semana. Cada vez vouno levando mellor e empezo a estar máis lúcida.

By the way... a última temporada de Dexter... en fin... os guionistas debían estar queimados e dixeron, veña, a sacar isto de diante canto antes...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...