Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

16.9.13

Today is the day

Hoxe por fin vou coñecer o profe.
Non o quito da cabeza ata que o vexa falar, explicarse... what a moment!
Mañá máis.
Só que ver ese vídeo dos meniños na porta dos colexios mal-falando en galego porque era para a galega (os tempos son chegados, en que as novas xeracións apenas poden expresarse en galego inda propoñéndose facelo, que tristura me dá), pois entroume a aprensión así polo fondo dos pés e ata o corazón, por imaxinar xa a marchas forzadas as miñas parrulas o ano que vén, micrófono en man balbucindo que tinían ganas de volver a la escola por ver los amigos...

Se a impresión é estupenda, igual lle champo un bico na cara e todo.
Se é nefasta, igual chego á casa e collo a bolsa para ir ao ximnasio facer un pouco de bodycombat, porque é a arma que nos dan, a autoperrencha, todo o demais, seica é fundamentalismo, radicalismo, extremismo e galeguismo cerradismo...
(o que se lles enche a boca cos ismos á hora de combater os razoamentos con insulto e descualificación fácil).

O dito. A ver que pasa. Xa me tarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...