Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

15.10.13

ContraMINAcción!!!

Unha boa nova para rematar o día. Cae o proxecto da mina de Corcoesto, inda que sexa por cuestións económicas e non ecolóxicas (non vaia ser...).
Orgullosa do combativo da miña terra, pola parte que me toca.
Orgullosa dos meus amigos, que estiveron a pé de manifa e do que fixera falta, sobre todo Iria, Roi, Caro e Mara, dándoo todo por defender o país e a nosa calidade de vida.
Deixo a foto de Iria e Roi, tirada de Praza Pública (praza.com).
Como unha raiola de esperanza para que isto non sexa un parche deses que se usan para calar bocas e deixar correr para saltar ao raposo despois...
Confiemos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...