Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

10.10.13

Números e Letras

O outro día as miñas fillas déronme unha clase de mate.
Todo comezaba por "si tenco estas cosas en la mano... cuántas cosas tenco?", e ía de 4 a 0.
Ao chegar a cero, non lle valían as miñas respostas de: non tes ningún, non tes nada, tes cero... Tiña que responder "tengo cero patatero".

Os que me coñececes xa saberedes que cara de circunstancias puxen.
Non só me deu a lección en "perfecto" castellano, dramatizando supoño que tal cal vería, senón que mo rematou co fucking patatero...

Para ir sabendo que as ciencias non están feitas para o galego, nin as rimas traballadas para as ciencias.

(cara de circunstancias de novo)

(máis de cara de circunstancias acompañadas de tatexo)


E hoxe unha filosofía con A e con B, que precisamente, por ter oídos, alcancei a escoitar.
Se eu son A e ti es A e estamos nunha caixa de A e un que é B entra nela porque lle mandan entrar, vai parecer que a caixa non é só de A, tamén hai B. E iso non é xusto, porque A é a letra número un, a mellor, a que encabeza, e B... só é iso, un pobre B gordo e mal feito que pasaba por aquí.
Os dous A matinaron moito en como se podería resolver sen prohibirlle a entrada a B, porque quedaría manifestamente moi feo.
Así que ao final solucionárono.
Os A son moi listos e espelidos. Sempre atopan unha solución para todo.
Pero como o fixeron cóntovolo outro día.
Porque as traxicomedias teñen que presentarse en varios actos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...