Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

21.10.13

O bonito e o feo

Hai cousas que poden ser bonitas ou feas, dependendo de como se fagan, e non tanto de como se miren, que xa sabemos que hai gustos para todo.
Comer as patacas que ti mesmo botas ten que ser bonito. Botalas e apañalas ti só é unha faena e ben fea, se che axudan os veciños, pois xa é máis bonita, e se xa dispós de high-tec pois é a repanocha.
Sentar nun banco a velas pasar é bonito, facelo con amigos botando un conto é máis bonito, pero que che pase un can e che cague diante ou te trabe, pois é ben feo.
Estar na praia ao sol é bonito, pero se cheira que alcatrea pois xa se perde a bonitura. Totalmente.

Estes días ando ás voltas co meu temario do ciclo, que é para retratalo, a verdade, pero que tamén fala un pouco do traballo, a repartición do traballo, os equipos de traballo, os grupos, o traballo en grupo e en equipo, os roles, as personalidades... En fin.

Montar un casteliño de pezas aproveitando o talento de todos e facendo que todos acheguen algo, o que mellor se lle dea, parece a imaxe da perfección. Very bonito.

Cando sexa grande, quero estar nun equipo, e enriquecerme por todos os poros, para volver á casa montada na nube da sabedoría que me acolla.

Digo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...