Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

4.10.13

Vergoña

Lampedusa non é Angrois.
E Yennifer non é Asunta.

A metade do que leo, oio e vexo revólveme por dentro. Non me estraña que algunha xente cabal xa entoe o "ata aquí poderiamos chegar".

Se Dickens erguese a cabeza igual quedaba parvo. Por dicir un entre moitos.

A miña admiración pola marea verde, que xuntou a mestres, profes, pais, nais, alumnos, avós e persoas con sentido común nunha arela común.

A miña repulsa por curtos de mente que nos (des)gobernan.

De Facenda, doazóns, infantascristina e demais xa non digo nada. Dáme acidez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...