Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

10.2.14

love story

Con la venia, señoría. A mi es que lo del amor me puede.

Xa non sei que é o que me dá máis vergoña allea: que a monarquía sexa a institución (de entre as rancias) que máis nos saquea coa connivencia de señoras e señores que poñen bolsas de plástico na cabeza (porque sempre a chuvia nos acompaña) para aplaudir vodas de estado e guapa, guapaaaa!!!! (non esquezamos que a Hola! remocea o rei, torna guapo a felipejuanfroilán e converte en amazona olímpica á señorita da trenza eterna... entre outras moitas cousas que xa aforro en comentar) ou que as institucións políticas e executivas lle emenden a plana (facturas falsas que se tornan verdadeiras, políticos que apoian unha infanta e un rei coma unha adolescente apoia a justin biber, entramados que xa non se sabe onde comezan e onde rematan...).

Yo no sé nada. Yo no vi nada. Yo es que soy una mujer enamorada.

Dá vergoña asumilo como tese para calquera no seu xuízo, non che digo máis para quen se supón que recibiu unha educación exquisita, é alta executiva e por ter, ten máis mundo ca a maioría dos mortais.
Vese que a levaban por aí co saco na cabeza e que só llo sacaban para a foto do Hola!

O amor como eximente. A ignorancia como eximente. O descoñecemento como eximente.

Pensei que me encantaría o momento en que a monarquía se autodestruíse, pero no fondo sentín ata certa carraxe, imaxinando que a imaxe que proxectamos é realmente penosa e patética.

O que moitos homes e mulleres se esforzan en construír, sempre chega algún ou algunha papaverzas tiralo enseguida e con pouco esforzo.

Se en realidade é tan parva, como di o outro, diolateñanagloria. Eu só confío en que algo, algo, algo cambie. Porque un xa se farta de ver botar terra sobre case todos os asuntos. Xa lle vai chegando ao tema.

Esta fin de semana vin O lobo de Wall Street. Non me pareceu tan alá, aínda que si me pareceu boísima a interpretación de Di Caprio. Ten algúns momentazos, si. Pero a sensación que che queda é a de: vale, nada novo baixo o sol.
Só volver a caer na conta de que non todos vivimos no mesmo plano, nin no mesmo nivel, nin quizais no mesmo mundo...
Non sei se a recomendo. Así que quedo quieta.

Comezando a semana. E pouco máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...