Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

1.2.14

Pídechas o corpo

Creo que moitas veces pedín que, a poder ser, noutra vida que me toque ser Beyoncé. Despois xa lle sacarei eu o partido ao tema como vexa...
A un pasiño de facer os 35 vou pasar de facer reflexión. Non hai necesidá...
Pero non podo deixar de incluír este vídeo. Non por nada en especial. Só porque me arrinca o riso. Coma tantas outras cousas que oxalá nunca deixen de facelo.
O día que me falta a gana de rir é coma se me desgastan unha miga de vida. E diso si que non hai necesidá...
Tempos virán.
Este vídeo recórdame tamén os meus amigos e as miñas amigas. Que tamén son fonte inesgotable de rírmonos da vida xuntos. Que tampouco falten nunca.

http://www.dailymotion.com/video/x8o2nh_pidechas-o-corpo_music

2 comentarios:

  1. Parabéns!

    Esta que sae aquí tamén é unha fan entusiasta da Beyoncé: http://www.youtube.com/watch?v=7AxnVAaJDvE

    Bicazooooooooooooooooooooooooooooos!

    ResponderEliminar
  2. HAHAHAHAHAHAHAHA, por aí iría a cousa...

    ResponderEliminar

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...