Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

12.2.14

Quieto todo el mundo!

O golpe de estado de Tejero, nun curso de monitores que fixen hai mooooooitos anos deunos para un squetch non-stop no que un, case sempre o mesmo, disfrazado cunhas pezas de garda civil soltaba a frase e os demais reaccionabamos.
Teño rido con iso ata doerme a barriga. Son desas cousas que fóra de contexto non se entenden, coma esas palabras clave que che activan o resorte da risa porque si, a caixa partida, polo que evocan ou polo que sexa.
O caso é que a min, en realidade, nunca se me ocorrería disfrazarme de garda civil, a non ser dentro dunha comparsa-parodia, nin animaría a ningún dos meniños que me rodean a facelo, pero o tema de prohibilo é unha invitación a facelo, ¿si ou non?
Vale, agora especificaron, que gardas civís de pega valía, tipo tricornios de goma-eva, bolsas do lixo con condecoracións... pero reciclar o uniforme que teñas pola casa dun tío ex-gardacivil iso si que non. Nin no Entroido.
Así que a min, persoalmente, éntranme ganas de facerme cun e desafiar a miña sorte.
O próximo vai ser prohibir o tema dos disfraces de curas, monxas, bispos...

Haiche cousas e cousas.

Estes días estouche amoucada. Escribindo no caderno dos proles e dos contras dun asunto que me ten preocupada. Desexando unha tarde-amigas que bote máis luz sobre o tema e me axude a tomar unha decisión valorando máis puntos de vista que o meu pozo non me deixa ver.

O dito. Este Entroido... a vestir o uniforme.

Deixo a tira de Dávila, sempre tan atinado:



E o vídeo de Gomaespuma. Que me trae recordos das miñas horas de universidade escoitando o seu programa pola mañá e a repetición pola noite, despois da Gramola... Que grandes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...