Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

21.2.14

tremending topic

Hoxe encantoume a sección do tremending topic de Público, sobre todo o twit que recollían que dicía algo así como: facebook compra instagram, facebook compra whatsapp, google compra facebook, hacendado compra google...
E outro que dicía: o que necesita Mark en realidade é que alguén lle dea un abrazo.

Hai moito polo que preocuparse no mundo: Carromero pedindo pola liberdade de Venezuela (¿?), espero que non vaia el en persoa...; a auténtica guerra civil en Ucraína; os mortos de Ceuta (vale, os mortos do mar), que haxa personaxes na televisión coma o Merlos, que dan máis grima ca pouco; as tramas Pokemon, Patos... os Vendex, os Aizoon, os MarcialDorado; as xestións deshonestas, as deshonrosas, as malversacións, os apropiamentos indebidos, a inxustiza da repartición da riqueza...

Pero á parte de todo iso, que por desgraza xa é o pan de cada día, onte caeume coma unha patada na boca que o Whatsapp caia nas mans do Facebook... escapas da bosta e caes no bosteiro.
A min sentirme espiada dáme un mal rollo...

E por fin venres. E non caen chuzos de punta.

Igual podemos deixar as aletas na casa, viva!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...