Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

23.3.14

Dignidade

Cadaquén xa procurou a información por onde quixo e/ou puido...
Parécenme bastante indignas as portadas das maiorías dos xornais, as cabeceiras das maiorías dos informativos e as declaracións de, por exemplo, Cristina Cifuentes, entre moitos outros.

Estou desolada por eses pobres antidisturbios que, almas cándidas, traballadores exquisitos, persoas íntegras e solidarias onde as haxa, levaron algunha rabuñadura, ou pedrada na cabeza (perdón, en casco de cabeza).

É que este millón da extrema esquerda / ou extrema dereita, dependendo de a quen se atenda, son unha panda de violentos desmedidos, aprendices de kaleborroka...

Quen participou en manifestacións ou marchas sabe que cada un dos que vai é de seu pai e de súa nai, e que fai as cousas ao seu xeito. Algunha xente leva a súa pena no corazón e ninguén lla dá visto nunca, ata que se pendura dunha viga no faiado da súa casa. Outros airéana en círculos íntimos e séntense reconfortados con iso. Outros pensan que non é o que merecen e a indignación failles facer o que o momento lle deixe facer.

Que faría eu se percorro centos de quilómetros para chegar a unha cidade, deixando os meus fillos que non teñen nada que comer nos servizos sociais e me reciben miles de policías a base de hostia limpa... pois non o sei, probablemente si collería a primeira pedra que atopase, porque deixaría de ver en fronte miña homes e mulleres dentro de uniformes e vería un goberno que se ri de min á cara, con moi mala hostia e con total impunidade.

Se ese millón de persoas non fosen persoas, senón animais, probablemente ardería Madrid, pero, por fortuna, o propio nome da marcha exhibía a dignidade coa que se ía, e pola que se pedían contas...

Dáme vergoña propia moito do que temos que oír por ter oídos e ver por ter ollos...

E para mostra: http://blogs.publico.es/shangaylily/2014/03/24/la-policia-revento-el-22m-para-los-telediarios/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...