Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

19.3.14

Feliz día do pai...

Dedicado a todos cantos sodes e vos sentides pais.
Ao meu porque non dubidou en tirar pola vida e garantirnos con iso un futuro.
E ao pai que mellor coñezo porque superou calquera concepto que puidera ter preconcibido sobre o que tiña que ser un pai.
Calquera horizonte foi excedido con moito.
Que sorte teño poder compartir pequenos pelouros cun pai tan grande, cunha paciencia tan infinita, cunha capacidade tan enormísima para entendelo practicamente todo e con tanto talento para acompañar pola vida.
Que sorte teñen as pelouras que o seu pai non teña que demostrar nada a ninguén e iso lle deixe tantas forzas para ser pai de verdade.
Onte cando lles propuxen facerlle un debuxo, un sobre, pintalo, poñerlle purpurina... brillábanlles os ollos ás dúas. Unha xa se levantou coa ansia de ir ao seu sitio supersecreto coller o sobre para darllo... e elixiron cada debuxo, cada cor, cada gomet pensando en papi, no que lle ían gustar, era tanta a alegría facéndoo, agachándoo e imaxinando como ía ser a situación cando llos deran que eran o vivo retrato da felicidade.

Xa ás sete da mañá!!! (é un arco iris :D)
Moitas felicidades a todos os pais que facedes que o mundo sexa mellor mundo para todos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...