Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

4.3.14

gravity

Ás veces todo dá tantas voltas, pero tantas, que volver toparlle sentido ao asunto require unha alta dose de moito do que carecemos.
A gravidade como aquilo que tira por nós e nos mantén a pé.
Intentando xestionar o mellor que podo tantos asuntos.
A gravidade como aquilo que nos desfai os soños sen pedirnos permiso.

Estes días a tristura por moitos acontecementos rolda por estes lares.
A gravidade como aquilo que é máis forte ca un, e que permanece despois dun.

Deixo esta canción, porque me entusiasma, e a pesar da tristura, tamén amosa a esperanza.
A gravidade como a vida que non para, que continúa inda por riba de todo.

Que vostedes manteñan os pés na terra inda por riba de todas as circunstancias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...