Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

8.3.14

Na praia no inverno

O que máis me gusta do inverno, en realidade, é cando está rematando e, de súpeto, un día sorpréndete coas temperaturas calorosas e podes restar unhas cantas capas á hora de saír á rúa.
Incluso podes coller unha manta, un bocadillo e tirar para a praia, a que máis ao xeito quede, para ir regalar os ollos co mar e os oídos co ruído das ondas escachando ou bicando docemente a area.
Hoxe foi un deses días.
E falta facía, a verdade.
A praia estaba cheíña de xente.
 
Broña

As turistas













E o temporal deixouna feita un farrapo vello. Moitas cousas explícanse polo mar revolto, polas mareas vivas... moitas outras non teñen explicación. As persoas debemos ser os únicos bichos que cagamos onde comemos e comemos onde cagamos. A vergoña do reino animal, á fin e ao cabo.

Merdallada
Os temporais esburacadores





Regacho furando na praia
 











E cando comezou a refrescar, démoslle unha voltiña a Pontenafonso. E a sorte regalounos un par de laranxas dunha laranxeira que invade a vía pública (non houbo nin falta de meterse en fregados).


Barca no Tambre


Barcas en seco


Porcallada

O río Tambre
Pontenafonso
Vivaaa, dúas laranxas!!!

A todo se lle tira partido!!!


Deámoslle unha voltiña a isto


A ver que atopamos por aquí, colegui...















































































Como non, desexando mellor tempo, e mellores tempos, sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...