Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

17.3.14

Verde esperanza...

Onte mentres mirabamos as noticias, entre outras moitas tarefas, chocounos unha especie de "reportaxe" en que saían diferentes lugares en verde.
Si, en verde. A torre de hércules iluminada en verde, a fonte de non sei onde, o río de non sei onde máis... lugares "referencia" do territorio español.
Preguntámonos que que diaño viña sendo o tema e agardamos, para descubrir que era polo San Patricio.
WHAT THE FUCK???? ou como din por aquí QUE CARALLO???!!!!!!!!
Pois si.
Que modernos somos, fíxense vostedes. Que honramos o San Patricio, festividade tan bonita, marabillosa e tan de noso.

E despois desprezamos a Diada, o Día da Patria, o Día de Rosalía... festexamos o San Patricio con cartelería en irlandés (vamos, lingua vehicular de media poboación) e non reivindicamos xa non digo que na península haxa a oportunidade de coñecer, aprender e usar con normalidade as linguas peninsulares, senón que polo menos se respecte a legalidade.
Aquí desprézase manifestamente e acotío e marxínase sen ningún tipo de pudor as linguas minoritarias, consideradas por gran parte do resto do territorio como "dialectos" e polos seus propios "nativos" como lingua B, xa non vou falar da cualificación que penso que ten dela a clase empresarial, política e podente (falo de Galicia, non sei con certeza se se pode extrapolar ao caso do éuscaro e do catalán, polo que lles proe en Madrid, penso que non, que son fariña doutra muiñada) e despois dámoslle unha cobertura mediática incrible a esta chorrada.

Na Coruña non usan o galego institucionalmente nin que os extorsionen, pero un pesiño para irmandarnos con Irlanda sempre se pode rascar... Quen non quere tomar unha pintiña vendo a torre iluminada e botarlle unha cántiga popular irlandesa mentres gozamos coa familia ao aire libre?

Eu quedo parva.
A min, este mundo, nunca deixa de me sorprender...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...