Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

28.7.14

A familia vista aos tres anos

Eu non sei se é certo iso de que os debuxos reflicten os pensamentos dos nenos e das nenas. Neste caso a destreza é moi cativa, así que non creo que poida ser moi ilustrativo.
De calquera xeito, os seus ollos non ven o mesmo.

Icía-sol, papá, mamá, Carmela e ovo de chocolate

Papá, Icía, mamá e Carmela

É gracioso o detallismo con que cada unha se debuxa a si mesma e á irmá convértea unha nun sol e a outra faina pequerrechiña.
Tamén é curioso ver onde se sitúan cada unha delas... e todos collidos da man, ovo de chocolate incluído...

Non deixo de pensar en se para min estas vidiñas teñen tantísimo valor, como podemos quedar tan impasibles ante os nenos e as nenas que están matando impunemente en Gaza.
Non quero nin imaxinar o horror dos seus debuxos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...