Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

26.7.14

A tal hora...

Eu xa case non confío en ninguén nin en nada.
A min as imaxes que vou vendo de Gaza esgázanme o corazón.
E non me dou explicado por que non podemos facer nada.
Cando algo é tan, tan, tan, tan grave a impotencia que se sente é case maior.
A democracia en que supostamente vivimos só se reduce a deixar o papeliño na urna.
É xeneralizar, pero tremenda estafa este mundiño que nos tocou.
E uns que non fan autocrítica e con iso vanse soterrando.
E outros que non se baixan da burra porque están convencidos de ter a razón.
E entrementres, os que eu pensaba que polo menos tiñan un discurso razonable, foron pasando de branco a crema, de crema a marrón e agora a marrón caca total. Porque de novo se pensa que desde unha cadeira se pode facer todo igual para todos.
Non somos todos iguais. Iso é así. Nin todos somos homes, nin todos mulleres, nin todos manexamos o mesmo diñeiro, nin temos a mesma educación, nin os mesmos valores, nin ambicións, nin culturas, nin familias, nin recursos, nin LINGUA.
É así.
Sei que hai que fiar moi fino sempre e con todo. E que é complicado. Podo imaxinalo.

Ver moitas veces a xente ensarillándose en estupideces faime deixar de crer na intelixencia humana.

Como se pode consentir un bombardeo a unha escola? A un hospital?

Seino, estou mesturando. É o desencanto, que xa me fai desvariar.
Cada día confío máis en que só facendo traballo por barrios, por pequenos espazos colaborativos, só así se pode conseguir a felicidade das persoas. Que as persoas volvan ser útiles unhas para as outras.
Voume poñer ao día coa permacultura, un termo que veño de aprender, sobre o que comecei a ler, que si, que é idealista, que si, que é utópico, pero quen sabe se non acabarei algún día podendo levalo a cabo...
Quen sabe.

Eu deixo a ligazón á wikipedia, por se gustar: http://es.wikipedia.org/wiki/Permacultura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...