Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

11.7.14

E-DIXGAL

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20386

Parece que xa temos a quen adxudicarlle o tema...
A min o de UTE soábame sempre a construción e chamullada (pero hai que ir cos tempos, María, que me estás moi desfasada).
Fedellando nas páxinas web das empresas que teñen máis puntuación: NETEX, COREMAIN, IECI e ALTIA pódese atopar información abondosa, así como tamén nos foros (esta máis ca abondosa, substanciosa).
A min o tema dos contidos preocúpame bastante.
Quizais os próximos aprobados se poidan cambiar por corticoles e así colaborar aínda máis coas familias (ollo, é retranca, o de vender fume a min non me camela).
Por se alguén non cae, a tal IECI non deixa de ser o corte inghlés... (con la ighlesia hemos batido, porque a fundación Ramón Areces... busquen tamén).
A verdade é que ninguén mellor ca unha consultora e un corteinglés para promover os novos valores da LOMCE, se o trazasen, non lles quedaba máis pechadiño o círculo.
Cando teña vagar, tragadeiras e calleiro preparado, póñome a revisar o asunto máis a fondo.
Isto merece unhas horas de análise e avaliación que agora mesmo non teño.
Si ou non?

PD: non deixan poñer a ligazón porque só se pode ver un determinado número de horas. Pódese procurar a información na páxina de AMTEGA buscando o contrato: Servizo de desenvolvemento de un entorno virtual de aprendizaxe para o ámbito educativo non universitario de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Expte. 51/2014)

Aínda que supoño que axiña empezará a circular pola prensa e esas cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...