Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

28.7.14

Non quererse

É saír do curro cunha fame do demo e por non gastar nin cinco minutos poñer diante para xantar unha lata de mexillóns, unha de olivas e un chourizo que quedara esquecido pola neveira adiante (de moi boa calidade, por certo).
Iso é un odiarse porque sabes que merendarás os restos das galletas das nenas que haxa polos caixóns (desas múltiples formas e sabores aos que vas cedendo semana tras semana cando vas ao supermercado).
E rematar o día baixando ao bar para buscar un algo de polo menos 5000 calorías para resistir unha paradiña para ver un telexornal infumable e cheo das mentiras que nos venden.

O mundo dá vergoña.

Creo que necesito unhas vacacións do mundo. Estame empezando a afectar en serio.
Xa non podo dixerir nin unha maldade humana máis.

Estou full e non son os mexillóns (por certo, poñían da Pobra e eran roubados a Marrocos e envasados na Pobra..., sería un deses días que só carrexaba galletas e non me daba tempo de para a ler todas as etiquetas, pásame por fiarme... xa non hai que fiarse de nada).

Mundo tarado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...