Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

15.7.14

Quedar

Quedar ás veces é difícil. Compatibilizar vidas variadas, traballos variados e plans variados ás veces tórnase imposible.
Despois cando quedamos lamentámonos de non telo feito antes, é así. Somos así.
Eu moitas veces cánsome de lanzar propostas que non chegan a ningures, pero non deixo de facelo porque, ao final, cando cadra, paga a pena moito.
Con todo, cada vez arredo máis desa xente que che di: podemos quedar.
Concrétame.
O luns non podo, o martes e o mércores tampouco, o xoves vaime fatal, o venres creo que non estou, para a fin de semana xa teño outros plans... ¿cádrache ben así?
Perfecto. Non podes poñer máis da túa parte.
Eu adáptome.

Persoas humanas, poñan da súa parte, porque se non, non se vai a ningures! E o verán pasa, e volve o inverno, e o inverno é longo e frío...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...