Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

5.11.14

A covardía

Nunca reparara en que ser covarde pode ser tan tóxico para os demais como ser hipócrita, ou mentireiro, ou prepotente.
A covardía é tan estraña, tan nociva, tan oculta, que normalmente acabas por ser benevolente con ela.
Teño mágoa dos covardes, que non teñen argumentos nin afouteza para defender as súas opinións nin as súas ideas.
Que teñen que esperar a que se dean as circunstancias óptimas para expresarse, porque teñen que facelo sobre seguro, cando ninguén os ve nin os oe. Pois os seus argumentos quizais sexan débiles, pouco fundamentados, baseados en opinións prexuizosas ou simples maldades persoais.
Os covardes, tan inseguros, tan febles, case me espertan compaixón.
Que mágoa non poder botarlles un cable, dicirlles que non necesitan selo, que non vai haber castigo...
E que difícil é ter que facerse o chosco podendo ver...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...