Mellor sería estar calado... Pero case sempre acaba un facendo malas dixestións de tragar tanto aire...

18.2.17

PECHADO POR OPOSICIÓNS

Que si. Que este ano, na medida das miñas posibilidades, que non son moitas por múltiples cuestións, vou intentar preparar o que poida.
E o que penso do sistema, dos exames, do tipo de avaliación para o exercicio da docencia, etc. non me vou meter aquí a explicalo.

Quedo agradecida con aqueles que pensan que o meu traballo non vale un peso, e que para gañar o pan teño que estar sacrificando eternamente a miña vida persoal e familiar para someterme a exames de chapatoria que decidirán se podo continuar ou non a carreira profesional.

Que non ten nada que ver con ser boa ou mala docente. Iso garántovolo.

Pois iso. O meu ocio xa non era moita cousa. Agora pódese reducir á nada. Optimizar é o meu verbo.


Haberá que ilo collendo con humor, tamén...

1 comentario:

Como as entradas están escritas desde o respecto, agradécese que os comentarios tamén o sexan...