E o que penso do sistema, dos exames, do tipo de avaliación para o exercicio da docencia, etc. non me vou meter aquí a explicalo.
Quedo agradecida con aqueles que pensan que o meu traballo non vale un peso, e que para gañar o pan teño que estar sacrificando eternamente a miña vida persoal e familiar para someterme a exames de chapatoria que decidirán se podo continuar ou non a carreira profesional.
Que non ten nada que ver con ser boa ou mala docente. Iso garántovolo.
Pois iso. O meu ocio xa non era moita cousa. Agora pódese reducir á nada. Optimizar é o meu verbo.
![]() |
Haberá que ilo collendo con humor, tamén... |